Maat Mons
| Maat Mons | |
|---|---|
| Vista de Maat Mons en 3d sobre a superficie de Venus, cunha escala vertical multiplicada por 22,5. Imaxe baseada en imaxes tomadas pola sonda Magallanes | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Mons |
| Accidente xeolóxico de | Venus |
| Diámetro | 395 km[1] |
| Altitude | 8 km[2] |
| Coordenadas | 0,5° N 194,6° E[1] |
| Procedencia do nome | deus do antigo Exipto da verdade e a xustiza.[1] |
Maat Mons é un xigantesco volcán de escudo e o volcán máis grande do planeta Venus. Elevase uns 8 km por riba do radio medio do planeta,[2] e fica nas coordenadas 0.5°N 194.6°E. O seu nome provén da antiga mitoloxía exipcia, na que Ma'at era o deus da verdade e a xustiza.
Índice |
Estrutura [editar]
Maat Mons posúe unha gran caldeira no cumio, cunhas dimensións de 28×31 km. Dentro da propia caldeira hai polo menos cinco pequenos cráteres, formados polo colapso da propia caldeira, este cráteres rondan os 10 km de diámetro. Unha cadea de cráteres de entre 3-5 km estendese ó longo de máis de 40 km no flanco suroeste do volcán, pero máis que indicar que son parte dunha longa fisura eruptiva, semellan terse formado polo colapso das capas superiores: as imaxes de alta resolución tomadas pola sonda Magallanes non revelan evidencias da existencia de regueiros de lava que nazan deses cráteres. Polo menos ocorreron dous destes eventos de colapso a gran escala no pasado de Maat Mons.
Actividade [editar]
A sonda Magallanes sondeou por radar o volcán para buscar evidencias dunha relativamente recente actividade volcánica, estas evidencias foron atopadas en forma de cinzas volcánicas preto do cumio e da ladeira norte do volcán.
Algo que intriga ós xeólogos planetarios son os estudos atmosféricos levados a cabo polas sondas Pioneer Venus na década dos 1980s, que revelaron unhas considerables variacións nas concentracións de dióxido de sulfuro (SO2) e metano (CH4) nas capas medias e altas da atmosfera de Venus. Unha das posibles explicacións foi a inxección na atmosfera de gases volcánicos por parte das erupcións plinianas do Maat Mons.
Existen varias liñas de evidencias que indican que Venus é volcanicamente activo, pero aínda non foi confirmada a existencia de erupcións no presente en Maat Mons.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Mons, montes: Maat Mons on Venus". http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3550?__fsk=353985406. Consultado o 13-11-2011.
- ↑ 2,0 2,1 JPL/NASA. "Venus - Three Dimensional Perspective View of Maat Mons". http://www.jpl.nasa.gov/spaceimages/details.php?id=PIA00254.
Robinson, Cordula A.; Thornhill, Gill D.; Parfitt, Elisabeth A. (1995). "Large-scale volcanic activity at Maat Mons: Can this explain fluctuations in atmospheric chemistry observed by Pioneer Venus?". Journal of Geophysical Research 100: 11755–11764. Bibcode 1995JGR...10011755R. DOI:10.1029/95JE00147. http://www.agu.org/pubs/crossref/1995/95JE00147.shtml.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Mouginis-Mark, P.J. (1994), "Morphology of Venus Calderas: Sif and Maat Montes", Abstracts of the 25th Lunar and Planetary Science Conference, held in Houston, TX, 14–18 March 1994., p. 949.