MY STORY Classical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MY STORY Classical
Recompliación de Ayumi Hamasaki
Gravación2005
Lanzamento24 de marzo de 2005
Duración63 min, 20 s
Xénero(s)Música clásica
Selo(s)avex trax
Producido porMax Matsuura
Cronoloxía
MY STORY MY STORY Classical (miss)understood

MY STORY Classical é un álbum alternativo do álbum da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki chamado "MY STORY", con versións alternativas de música clásica das orixinais atopadas no interior do devandito álbum. Foi lanzado ao mercado orixinalmente o 24 de marzo do ano 2005 baixo o selo avex trax.

Información[editar | editar a fonte]

Este e o primeiro álbum de Ayumi Hamasaki que é estritamente de música clásica con só instrumentos clásicos nos seus arranxos, pero considérase como un "Remix Album" máis dentro da discografía da cantante. As primeiras incursións en transformar cancións de J-Pop a instrumentos máis finos deuse cos "ayu-mi-x Acoustic Orchestra", onde se utilizaban alén de instrumentos clásicos, instrumentos acústicos. Para este álbum, porén, recorreuse a grandes músicos clásicos, como a Lamoureux Orchestra de París, so a dirección do recoñecido director Yutaka Sado.

A parte da selección de temas escollidos de "MY STORY" para transformalos a versións clásicas, tamén se fixo unha versión da canción "A Song Is Born" de Hamasaki, que se atopa orixinalmente no interior do álbum "I am...". Para esta versión non se usou a voz orixinal de ayumi na canción e tampouco se gravou unha nova versión da súa voz, senón que se deixou en versión instrumental. A canción no entanto foi cantanda unha única vez por Ayumi no Expo 2005 Aichi[1], pouco tempo antes do lanzamento deste álbum.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

# Título
1. WONDERLAND
2. Moments
3. HAPPY ENDING
4. Game
5. HOPE or PAIN
6. Kaleidoscope
7. Carols
8. walking proud
9. Catcher In The Light
10. HONEY
11. Winding Road
12. A Song Is Born ※ Bonus Track

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lista Máxima posición Semanas
Xapón Oricon 4 10
  • Vendas totais: 81,664 (Xapón)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]