MVP da Tempada da NBA
O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.
Índice |
Características [editar]
A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos de Estados Unidos e Canadá. A votación é realizada por 125 membros;[1] tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.
Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.
O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nacido en Johannesburgo (Sudáfrica) aínda que criado en Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.
Gañadores [editar]
| Xogador activo | |
| Elixido no Basketball Hall of Fame | |
| NOME (X) | Cantidade de veces que o xogador foi galardoado co MVP até ese ano |
Maior número de galardóns [editar]
- En negra xogadores en activo.
| No. | Xogador |
|---|---|
| 6 | Kareem Abdul-Jabbar |
| 5 | Michael Jordan |
| Bill Russell | |
| 4 | Wilt Chamberlain |
| LeBron James | |
| 3 | Larry Bird |
| Magic Johnson | |
| Moses Malone | |
| 2 | Tim Duncan |
| Karl Malone | |
| Steve Nash | |
| Bob Pettit |