Músculo tensor da fascia lata
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Músculo tensor da fascia lata | |
|---|---|
| Coloración do músculo piramidal do abdome e relación coa cadeira. | |
| Latín | musculus tensor fasciae latae |
| Gray's | subject #128 476 |
| Orixe | Espiña ilíaca anterosuperior |
| Inserción | Tracto ileotibial |
| Vascularización | arteria circunflexa femoral lateral e arteria glútea superior |
| Inervación | Nervio glúteo superior (L4-S1) |
| Accións | Tensiona a fascia lata e fai abdución, rotación medial e flexión da coxa |
O músculo tensor da fascia lata é un músculo do membro inferior humano. A súa función é a de flexionar a coxa sobre a pelve e estender a perna sobre a coxa.
Insercións [editar]
- Craniais: Espiña ilíaca antero-superior.
- Caudais: Tubérculo de Gerdy da tibia
Inervación e vascularización [editar]
- Inervación: Nervio glúteo superior.
- Vascularización: Arteria glútea superior e arteria circunflexa anterior.
Funcións [editar]
- Flexiona a coxa sobre a pelve.
- Extensión da perna sobre coxa.
- Tensa a fascia lata.