Músculo poplíteo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación del músculo.

O músculo poplíteo (Popliteus) é un músculo da perna que se atopa na parte posterior do xeonllo, debaixo dos xemelgos; curto, aplanado e triangular.

Insértase na parte posteroexterna do cóndilo externo do fémur; por abaixo, no labio superior da liña oblicua e cara posterior da tibia.

É inervado polo nervio ciático poplíteo interno e o tibial posterior.

É flexor e rotador da perna. Realiza a flexión do xeonllo e a rotación externa da perna,e interna da tibia.

Xusto á altura do xeonllo, na súa parte traseira, crea un oco na inserción dos xemelgos, chamado oco ou cavidade poplítea, na que é moi sinxelo tomar o pulso e realizar a inserción de vías para a administración de fármacos ou alimentación parenteral.