Músculo subclavio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo subclavio en cor vermella.

O músculo subclavio[1] é un músculo do membro superior humano pertencente á rexión axilar. Áchase por debaixo do músculo pectoral maior e pasa entre a clavícula e a primeira costela. Orixínase de diversas febras procedentes da primeira costela e a correspondente cartilaxe costal. Diríxese cara a fóra e cara a arriba para inserirse no suco fondo da superficie inferior da clavícula.

Deprime a clavícula e estabiliza a articulación esternoclavicular.

Está innervado polo nervio subclavio.

Notas

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-02-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]