Múm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
múm en 2009.

múm (pronunciado [muːm] segundo o IPA,) é un grupo de música experimental islandés formado a finais dos anos noventa.

Índice

Historia e compoñentes[editar]

A banda formouse en 1997. Os seus membros orixinais foron Gunnar Örn Tynes, Örvar Þóreyjarson Smárason,e as irmás xémeas Gyða e Kristín Anna Valtýsdóttir. En 2002, Gyða deixou o grupo para seguir cos seus estudos en Reykjavík. A comezos de 2006 tamén a súa irmá Kristín abandonou a banda, se ben isto non se soubo ata finais de novembro.

Estilo[editar]

Practican unha múscia experimental, na liña doutros grupos e solistas islandeses como Sigúr Ros ou Björk, caracterizada por voces e marmurios suaves, efectos electrónicos, golpes e unha ampla variedade de instrumentos clásicos (acordeóns, trompetas, violíns...) e tradicionais, que normalmente non desempeñan un papel fundamental, senón accesorio.

O nome da banda non quere dicir nada. Como explicaron os membros da banda nunha entrevista, múm é como dous elefantes que se estean tocando coas trompas, na súa referencia gráfica.

múm en Galiza[editar]

Este grupo islandés tocou ata o de agora unha única vez no noso país. Foi no auditorio dos Salesianos de Vigo, o 4 de maio de 2004, e no marco do festival Sinsal. Actuou diante deles Mugison e as butacas estaban practicamente cheas.

Discografía[editar]

Álbums[editar]

Escolmas[editar]

Singles e EPs[editar]

Curiosidades[editar]

Ligazóns externas[editar]