Múlidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salmonete (Mullus surmuletus)

Os Múlidos (Mullidae), coñecidos popularmente como barbos ou salmonetes, é unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes.

Características[editar | editar a fonte]

Corpo algo comprimido. Liña lateral ben aparente. Os ollos en posición alta, elevados sobre o perfil cefálico, abrupto. Recoñécense polas dúas longas barbas baixo o extremo anterior da mandíbula; estas barbas son móbiles e artelladas na base.

Teñen dúas aletas dorsais, curtas e separadas; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda unha espiña e 6-8 radios brandos. Anal curta, oposta á segunda dorsal, con 1-2 espiñas e o resto radios brandos; pectorais longas; pelvianas inseridas baixo a vertical da base das pectorais; caudal escotada.

Viven no fondo, comunmente en bancos numerosos, onde escavan na area e pedras soltas para comer os pequenos invertebrados enterrados.

Comprende especies de alta importancia económica e de carne moi saborosa. Poden alcanzar unha lonxifude máxima descrta de 60 cm.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Banco de múlidos (Mulloidichthys flavolineatus)

Comprende seis xéneros e 68 especies:

  • Xénero Mulloidichthys (Whitley, 1929)
  • Xénero Mullus (Linnaeus, 1758)
    • Entre eles:
      • Mullus barbatus (Linnaeus, 1758) (salmonte de lama)
      • Mullus surmuletus (Linnaeus, 1758) (salmonete de rocha)
  • Xénero Parupeneus (Bleeker, 1863)
  • Xénero Pseudupeneus (Bleeker, 1862)
  • Xénero Upeneichthys (Bleeker, 1855)
  • Xénero Upeneus (Cuvier, 1829)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Múlidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Múlidos