Método de Hall para bilirrubina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O método de Hall utilizase para diferenciar un pigmento, a bilirrubina, que é o principal pigmento da bile, que se orixina pola degradación das células vermellas do sangue.

Existe un método para diferenciar conxuntamente a bilirrubina e a hematoidina (Método de Gmelin) pero o verdadeiro método para diferenciar a bilirrubina é o método de Hall.

A intensidade da cor da tinguidura é proporcional á cantidade de bilirrubina que hai na mostra, pero se se encontraron restos de drogas e outras substancias será máis difícil a determinación da bilirrubina.

Fundamento[editar | editar a fonte]

A acción oxidante do reactivo de Fouchet converte a bile en biliverdina, de cor verde, a cal, se foi transportada ó fígado e alí reducida, coñécese como bilirrubina. O rango de cor varía entre verde oliva e verde esmeralda, dependendo da concentración de pigmento bílico presente.

Tecido control e diana[editar | editar a fonte]

O conduto biliar común obstruído é positivo para esta técnica. O tecido, para mellores resultados, debe estar fixado en formol 10%, e seccionado a 4 microns.

Reactivos[editar | editar a fonte]

  1. Reactivo de Fouchet.
    1. 12,5gr ácido tricloroacético.
    2. 50cc auga destilada.
    3. 5cc cloruro férrico 10%.
  2. Mesturar ben o tricloroacético e a auga, e engadir o cloruro férrico.
  3. Solución de Van Gieson.
    1. 1cc fucsina ácida 1%.
    2. 45cc ácido pícrico saturado.

Procedemento[editar | editar a fonte]

  1. Desparafinar e hidratar os cortes.
  2. Colocar na solución de Fouchet, 5 minutos.
  3. Lavar con auga destilada, 2 cambios de 2 minutos en cada cubeta.
  4. Contrastar con Van Gienson, 3 minutos.
  5. Lavar con auga destilada, 30 segundos.
  6. Deshidratar, aclarar e montar.

Resultados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP). 
  • Hall, M.J. (1960). American Clinical Pathology, ed. A staining reaction for bilirubin in sections of tissue. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]