Mérida Unión Deportiva
| Nome | Mérida Unión Deportiva | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Romanos, Pecholatas | ||
| Fundación | 1990 | ||
| Estadio | Estadio Romano |
||
| Inauguración | 1954 | ||
| Capacidade | 14.600 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 3ª - Grupo 14 | ||
| 2011–12 | 8º | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
Mérida Unión Deportiva é un club de fútbol de España, da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1990 e compite na Terceira División de España logo de descender administrativamente no verán do 2009.
É o sucesor do Club Polideportivo Mérida, fundado en 1912, do que era filial.
Índice |
Historia [editar]
É o sucesor do histórico Club Polideportivo Mérida fundado o 28 de decembro de 1912. O 31 de agosto de 2000 este club desapareceu, tomando a substitución o seu filial fundado en 1990, o Mérida Promesas, que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.
O Mérida tomou a substitución e o 16 de xuño de 2001 subiu a Segunda B ao gañar 3-0 ao Torredonjimeno con goles de Ramírez, Juanjo e Santi e con Jorge Gruart na presidencia. Na tempada 01-02 xogou a fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Compostela. Tras outro descenso a Terceira División na tempada 03-04, toma as rendas do club José Fouto Galván e o Mérida conseguiu o ascenso á Segunda na tempada 04-05. A tempada 07-08 xogou a Fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Ponferradina.
O club descendeu administrativamente á Terceira División no verán do 2009 por falta de pagamentos aos seus xogadores e tomou as rendas unha Xunta Xestora liderada por Antonio Higuero.
Estadio [editar]
- Artigo principal: Estadio Romano.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 7
- Tempadas en 3ª: 13
- Tempadas en Rexional: 1
- Mellor posto en Segunda B: 4º (tempadas: 2001-02 e 2007-08)
- Peor posto en Segunda B: 18º (tempada 2003-04)
Xogadores 2009/10 [editar]
Palmarés [editar]
Torneos nacionais [editar]
- Terceira División (2): 1999-00, 2004-05
- Rexional Preferente (1): 1990-91
- Subcampión de Terceira División (2): 1997-98, 2000-01
Torneos rexionais [editar]
- Campión da Fase Rexional da Copa Federación (1): 2002-03
Filial [editar]
O club ten un equipo filial en Primeira Rexional de Estremadura, o Mérida Club de Fútbol.
O Mérida CF ademais xestiona varios equipos de canteira, desde escola de iniciación ata xuvenís, e conta con varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores.
A súa canteira é unha das mellores de Estremadura, destacando os infantís, os cadetes e os xuvenís.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||