Mérida, Venezuela
Coordenadas: 08°36′N 71°09′W / 8.6°N 71.15°W
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Información | |||||
| País | |||||
| Superficie | 60 km2 | ||||
| Poboación | 204.879 (2001) | ||||
| Densidade | 3,414/km² | ||||
| Alcalde | Lester Rodríguez Herrera | ||||
A cidade de Santiago de los Caballeros de Mérida é a capital do concello de Libertador, no estado venezolano de Mérida. É unha das principais cidades dos Andes Venezolanos. A poboación da capital é 204.879 habitantes segundo o censo do 2001, e a área metropolitana, que inclúe o concello de Libertador, chega ás 300.000 persoas. Mérida representa o 28% da poboación total do estado, que ten máis de 750.000 habitantes.
En Mérida teñen a súa sé a Arquidiocese de Mérida e tamén a Universidade de Los Andes, constituíndo a maior cidade universitaria e turística do occidente venezolano. Entre os seus atractivos turísticos está o teleférico máis alto e segundo máis longo do mundo, así como un atractivo sistema de transporte colectivo coñecido como Trólebus Mérida.
Índice |
Historia [editar]
Mérida foi fundada por Juan Rodríguez Suárez o 9 de outubro de 1558, quen lle deu o nome da súa cidade natal, Mérida en Extremadura. Un ano despois Juan de Maldonado decidiu o seu traslado ao seu emprazamento actual. No momento da súa fundación formaba parte da Nova Granada. A cidade dependeu do correxemento de Tunja aínda que, no ano 1607, se constituíu como correxemento da Audiencia de Santa Fe de Bogotá. Máis adiante pasou a pertencer á Capitanía Xeral de Venezuela, desempeñando un papel activo durante a Guerra Revolucionaria.
Xeografía [editar]
Mérida está situada a unha altitude de 1.600 metros, nun planalto de orixe aluvial coñecido como Tatuy, no val do río Chama, rodeado de bosques e fragas. A forma oblonga da cidade segue estreitamente o curso do río, que a percorre dun extremo a outro. A cidade atópase entre a Serra Nevada de Mérida polo sueste e a Serra La Culata polo noroeste. No horizonte érguese o Pico Bolívar, que é a montaña mais alta do país.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Visita virtual a Mérida - fotografías panorámicas - películas QuickTime y JAVA
- Méridaweb.com - Sitio sobre a cidade de Mérida
- Cultura de Mérida, Andes.net
- Descripción da cidade e o estado, Mipunto.com
- La ciudad de Mérida según la ULA
- Páxina dedicada ao Trolebús - fotografías panorámicas - Visita Virtual
- Travel Directorio do Estado Mérida, Venezuela
- Página Oficial de Gobernación do Estado de Mérida, Venezuela
- Guía Turística Oficial de Mérida, Venezuela