Mérida, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do Paseo Montejo da cidade de Mérida.

Mérida é a capital do estado de Iucatán (México). A cidade capital máis importante do sueste mexicano, considerada como unha das cidades co mellor calidade de vida en México.

Mérida caracterízase polas súas verdes paisaxes. Localízase na parte centro norde do estado, a menos de 50 km do Golfo de México. As súas coordenadas xeográficas son 20° 58' 12" N, 89° 37' 12" O. Segundo os resultados do Segundo Censo de Poboación e Vivenda 2005, a poboación da cidade de Mérida era 734.153 habitantes. Así e todo, a área conurbana de Mérida inclúe ademais outras seis localidades en tres municipios (incluíndo o de Mérida), co cal a poboación elévase a 839.242 habitantes. Por outra parte, a Zona Metropolitana de Mérida, que o INEGI e CONAPO define como a integración dos municipios de Mérida, Kanasín, e Umán tiña 886.188 habitantes no 2005.

Esta cidade ten un dos programas de planeamento urbano mellor elaborados e o seu ordenamento metropolitano medra congruentemente, o que fai que se considere unha das cidades mellor planeadas de México.