Mäbu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mäbu
OrixeEspaña Bilbao, Madrid, España
Período2008 - presente
Xénero(s)Pop alternativo, Pop onírico, Rock alternativo, Folclore
Selo(s) discográfico(s)Warner Music Group
MembrosMaría Blanco
Txarlie Solano
César Uña
Antigos membrosDaniel Arias
Aridai Vega
Na rede
Facebook: mabumusica Twitter: mabumusica iTunes: 412430591 Musicbrainz: 66fa408a-96c9-4402-a70a-c604b35bd9f9 Songkick: 1350341 Discogs: 4085387 Editar o valor em Wikidata

Mäbu ou MäBU é unha banda musical fundada a principios do 2008 en Madrid e que saltou á fama grazas ao seu primeiro EP, Hallo, cuxo fenómeno chamou a atención dos medios de comunicación.

Carreira[editar | editar a fonte]

2008: Formación do grupo[editar | editar a fonte]

A fundadora do grupo, María Blanco Uranga, xa escribía as súas propias cancións antes de formar Mäbu. De feito, todas as cancións do grupo están escritas pola mesma vocalista. O significado de Mäbu ten a súa orixe nas siglas do seu nome completo: María Blanco Uranga. A vocalista comezou cantando nun grupo de versións e logo foi corista nunha banda de reggae.[1] Máis tarde, cando comezou a compoñer, coñeceu a Txarlie, ambos atoparon paralelismos nos seus estilos. Nun principio, só María e Txarlie daban concertos. Posteriormente foron chegando os demais compoñentes: Daniel, César e Aridai. Segundo declaracións da artista, as cancións son escritas por ela, pero logo reúnese co resto do grupo para transformalas e darlles o toque final.

2009-2010: Hallo[editar | editar a fonte]

Mäbu comezou dando concertos en pequenos locais por Bilbao e Madrid a mediados do 2008 con algúns temas que xa tiñan compostos. Conseguiron chamar a atención do selo discográfico Warner Music Group, que pasaría a converterse na compañía editora do seu traballo en marzo de 2009. A finais do mesmo ano comezaron a gravar en Bilbao e Madrid o EP Hallo. A razón pola que produciron un EP antes que un álbum foi, segundo entrevistas, a dificultade de sacar un primeiro álbum para grupos pouco coñecidos.[2] En maio de 2010 estreouse o único sinxelo do EP, tamén chamado "Hallo", cun videoclip. En xuño dese mesmo ano o EP foi oficialmente lanzado, promocionado a través dos anuncios da rede Spotify. Grazas a isto, o fenómeno Mäbu fíxose coñecido a través de Internet, recibindo o recoñecemento do público. A partir da súa publicación realizaron unha extensa xira en formato acústico, ofrecendo concertos máis alá de Madrid e Bilbao, ata entón os únicos escenarios das súas actuacións.

2011: Álbum debut Buenos días[editar | editar a fonte]

O 8 de marzo de 2011 lanzan o seu álbum debut: Buenos días, dando a coñecer como sinxelos A solas e Con mi voz, que lograron unha boa acollida en Internet.[Cómpre referencia] A solas incluso chegou a soar nalgunhas emisoras de radio españolas.[Cómpre referencia]

2012-actualidade: Detrás de las luces e terceiro álbum[editar | editar a fonte]

A mediados do ano 2012, mediante as redes sociais, Mäbu deu a coñecer a nova dun novo álbum en gravación, Detras de Las Luces.[3] En outubro dese mesmo ano estreouse oficialmente como sinxelo De negro y amarilo. Estreouse xunto cun vídeo lanzado a través de YouTube. En setembro de 2012 formaron parte da primeira edición do Festival de la Luz en Boimorto. Dende novembro de 2012, Mäbu foi amosando a través da súa canle oficial de YouTube adiantos de cancións como En las alturas, entre outros. Detrás del as luces lanzouse oficialmente en febreiro de 2013.[4] Durante ese ano e o seguinte, Mäbu foi realizando diferentes xiras en acústico e eléctrico tanto dentro como fóra de España.[5] Tras anuncias as datas dos últimos concertos da xira Detras de las luces, a banda aproveitou para promulgar un comunicado a través da súa conta de Facebook, no cal informaron de que tras finalizar a xira, centraríanse na composición do seu terceiro álbum.[6] Por outro lado, entre as distintas colaboracións que realizaron con outros compañeiros da industria no ano 2014, destacouse a do rapeiro Rayden, a cal figura na lista de cancións do seu terceiro álbum.[7]

En abril de 2015, Mäbu publicou nas súas redes sociais o adianto dun novo sinxelo, Para y por siempre que lanzaríase a mediados de mes. O 13 de abril publícase a versión en acústico dunha nova canción do seu terceiro álbum, Cara Triste.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

EP

Bandas sonoras

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo Álbum
2010
Hallo
Hallo
2011
A solas
Buenos días
Con mi voz
2012
De negro y amarillo
Detras de Las Luces
2013
Memoria[8]
2015
Para y por siempre
TBA

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo Artista en colaboración Álbum/es
2014
Un mundo contigo
Matellán Calidociclo
Viviendo en gerundio
Rayden En Alma y hueso

Xiras musicais[editar | editar a fonte]

  • 2011: Xira Buenos días (marzo-maio)[9]
  • 2012: "Mäbu en concierto" (novembro)[10]
  • 2013: Xira Detrás de las luces (marzo-xullo)[11]
  • 2013: Xira acústica "Detrás de las luces" (setembro-outubro)[12]
  • 2014: Xira "Detrás de las luces México" (febreiro)[13]
  • 2014: Xira eléctrica "Detrás de las luces" (maio-xullo)[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yuste, Óliver. "Conoce a… Mäbu: “Queremos aportar algo más personal a lo que es el pop en español y la canción de autor”". La Huella Digital (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  2. "O sacar varios EP antes do álbum, vaite achegando ó público e permite repartir o traballo a máis longo prazo", dixo María."Entrevista a Mäbu". Mundo actúa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  3. "Mäbu llega a Madrid con su gira acústica previa a la salida de su nuevo trabajo "Detrás de las luces"". Notas de prensa de arte (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. ""Dejame que siga soñando, vuelve cuando amanezca" #quedateadormir #detrasdelasluces Nuevo disco febrero'13". @mabumusica (en castelán). 2012-12-15. Consultado o 2019-02-27. 
  5. "Aqui tenéis la gira de "Detrás de las luces" faltan ciudades con Bcn y Zgz que estan por confirmar! Besopic.twitter.com/HIcHRPC4". @mabumusica (en castelán). 2013-02-14. Consultado o 2019-02-27. 
  6. "Mäbu". www.facebook.com. Consultado o 2019-02-27. 
  7. "Rayden, más Rayden y mejor que nunca, pone su vida en un disco: 'Alma y hueso'". Diariocrítico.com (en castelán). Consultado o 2019-02-27. 
  8. "Hoy sale a la venta el nuevo single de MÄBU "MEMORIA"". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  9. "Mäbu: Gira Mäbu 2011". Mäbu. 2011-02-28. Consultado o 2019-02-27. 
  10. "Mäbu inicia gira y estrena video". Inzona (en castelán). 17 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  11. "Mabu inician la gira del nuevo disco, Detrás de las Luces breves". La ganzua: música independiente (en castelán). 28 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  12. "#41 Fechas de la Gira Acústica de MÄBU" (en castelán). 5 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. 
  13. "Mäbu anuncia gira por México en 2014". archive.is. 2014-02-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2019-02-27. 
  14. "Mäbu continúa con su gira de presentación "Detrás de las Luces"". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015.