Mátyás Rákosi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mátyás Rákosi
Mátyás Rákosi

Secretario xeral do Partido Comunista Húngaro
1945 – 18 de xullo, 1956
Sucedido por Ernő Gerő

14 de agosto, 1952 – 4 de xullo, 1953
Precedido por István Dobi
Sucedido por Imre Nagy

Datos persoais
Nacemento 9 de marzo de 1892 (78)
Flag of Austria-Hungary (1869-1918).svg Ada, Austria-Hungría
Falecemento 5 de febreiro de 1971
Flag of the Soviet Union.svg Gorky, Unión Soviética
Partido Partido Comuniste Húngaro,
Partido dos Traballadores Húngaros

Mátyás Rákosi (nado o 14 de marzo de 1892 como Mátyás Rosenfeld – finado o 5 de febreiro de 1971) foi un político húngaro de orixe xudía líder de Hungría dende 1945 ata 1956 como Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro.

Rákosi naceu en Ada de pais xudeus, no que daquela era a Hungría (actualmente Serbia). Serviu no exército Astro-Húngaro na Primeira Guerra Mundial ata ser capturado na Fronte Oriental. Devolto a Hungría, alí participa no goberno de Béla Kun; trala súa caída escapou á Unión Soviética. Ó volver en 1924 a Hungría Rákosi foi caturado, e en 1940 trala súa liberación regresou á Unión Soviética, onde se proclamou líder do Comintern. Dende alí regresou a Hungría, esta vez co Exército Vermello.

Unha vez que se instalou un goberno comunista en Hungría, Rákosi foi designado o Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro. Seguiu unha corrente autoritaria, consolidando o poder na súa persoa.

Rákosi describíase a sí mesmo como "o mellor discípulo húngaro de Stalin". Tamén inventou o térmo "tácticas do salami" (eliminar á oposición cachiño a cachiño).

Secretario Xeral do Partido Comunista Húngaro en 1945. Impuxo normas autoritarias no país, pero non logrou un desenvolvemento económico acertado. En agosto de 1952 foi nomeado tamén Primeiro Ministro de Hungría, pero o 13 de xuño de 1953, para acougar a Josip Broz Tito, foi forzado a cede-lo seu cargo como Primeiro Ministro a Imre Nagy, mentres que continuaba como Secretario Xeral do partido. Posteriormente sería tamén relegado deste cargo baixo presión do Politburo soviético en xuño de 1956 (pouco despois do discurso secreto de Nikita Khrushchev), e foi substituído por Ernő Gerő. Foi entón cando marchou de novo á Unión Soviética, onde morreu en Gorky en 1971.