Máquina hidráulica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista detallada dunha bomba hidráulica.

Unha máquina hidráulica é unha variedade de máquina de fluído que emprega para o seu funcionamento as propiedades dun fluído incompresible ou que se comporta como tal, debido a que a súa densidade no interior do sistema non sofre variacións importantes.

Convencionalmente especifícase para os gases un límite de 100 mbar para o cambio de presión; de modo que se este é inferior, a máquina pode considerarse hidráulica. Dentro das máquinas hidráulicas o fluído experimenta un proceso adiabático, é dicir, non existe intercambio de calor co contorno.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Bomba de engrenaxes.
Bomba de engrenaxes.
Bomba de engrenaxes.

As máquinas hidráulicas pódense clasificar atendendo diferentes criterios.

Segundo a variación de enerxía[editar | editar a fonte]

Nos motores hidráulicos, a enerxía do fluído que atravesa a máquina diminúe, obténdose enerxía mecánica, mentres que no caso de xeradores hidráulicos, o proceso é o inverso, de xeito que o fluído incrementa a súa enerxía ao atravesar a máquina.

Atendendo ao tipo de enerxía fluidodinámica que se intercambia a través da máquina temos:

  • Máquinas nas que se produce unha variación da entalpía (presión), como por exemplo, as bombas centrífugas. Estas máquinas denomínanse máquinas de reacción.

Segundo o tipo de intercambio[editar | editar a fonte]

Tendo en conta a forma coa que se intercambia a enerxía dentro da máquina, temos:

  • Máquinas de desprazamento positivo ou volumétricas. Trátase dun dos tipos máis antigos de máquinas hidráulicas e baséanse no desprazamento dun volume de fluído comprimíndoo. O exemplo máis claro deste tipo de máquinas é a bomba de aire para bicicletas. Subministran un caudal que non é constante, para evitalo en ocasións únense varias para lograr unha maior uniformidade. Estas máquinas son apropiadas para subministracións de alta presión e baixos caudais.

Segundo a envoltura[editar | editar a fonte]

Atendendo á presenza ou non de carcasa:

  • Máquinas entubadas.

Segundo o movemento[editar | editar a fonte]

Existen outros criterios, como a división en rotativas e alternativas, dependendo de se o órgano intercambiador de enerxía ten un movemento rotativo ou alternativo, esta clasificación é moi intuitiva pero non atende ao principio básico de funcionamento destas máquinas.

Na seguinte táboa amósase un resumo da clasificación das máquinas hidráulicas (l=líquido, g=gas).

Motoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émbolo[1]
Rotativas - Bombas rotoestáticas
Turbomáquinas Turbinas hidráulicas[1]
Aeroxeradores (g) (Máquina axial)
Xeradoras Volumétricas Alternativas - Bombas de émbolo
Rotativas - Bombas rotoestáticas
Turbomáquinas Bombas rotodinámicas ou centrífugas (máquina radial) (l)
Ventiladores (g) (Máquina axial)

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 As máquinas volumétricas, exceptuando algunhas máquinas rotoestáticas que polo seu deseño non poden inverter o seu movemento, son reversibles, de modo que poden funcionar indistintamente como xeradoras ou motoras

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Máquina hidráulica