Máquina térmica
As máquinas térmicas son máquinas de fluído compresible:
- Nos motores térmicos, a enerxía do fluído que atravesa a máquina diminúe, obténdose enerxía mecánica.
- No caso de xeradores térmicos, o proceso é o inverso, de modo que o fluído incrementa a súa enerxía ao atravesar a máquina.
Tal distinción é puramente formal: Os motores térmicos, son máquinas que empregan a enerxía resultante dun proceso, xeralmente de combustión, para incrementar a enerxía dun fluído que posteriormente se aproveita para a obtención de enerxía mecánica. Os ciclos termodinámicos empregados esixen a utilización dunha máquina ou grupo xerador que pode ser hidráulico (nos ciclos de turbina de vapor) ou térmico (nos ciclos de turbina de gas), de modo que sen este o grupo motor non pode funcionar, por iso é polo que na práctica denomínase Motor Térmico ó conxunto de elementos atravesados polo fluído, e non exclusivamente ó elemento no que se obtén a enerxía mecánica.
Tendo en conta o anterior, podemos clasificar as máquinas térmicas tal como se recolle no cadro seguinte (entre paréntese, un exemplo).
| Máquinas térmicas |
|---|
| Motoras | Volumétricas | Alternativas (Máquina de vapor) |
| Rotativas (Motor rotativo de aire quente) | ||
| Turbomáquinas | Turbinas | |
| Xeradoras | Volumétricas | Alternativas (Compresor de émbolo) |
| Rotativas (Compresor rotativo) | ||
| Turbomáquinas | Turbocompresores |
O ciclo realizado nunha máquina térmica consta:
a) Dun proceso durante o cal se prodúce a absorción da calor dun foco externo a temperatura elevada denominado foco quente.
b) Dun proceso durante o cal a calor expulsada a un foco externo a temperatura máis baixa denominado foco frío.
As máquinas térmicas e outros dispositivos que funcionan por ciclos utilizan un fluído para receber e ceder calor ao cal se dá o nome de fluído de traballo. O traballo líquido do sistema é simplemente a diferenza entre o traballo da fonte quente e o da fonte fría:
(1)onde:
é traballo líquido ou total da máquina térmica;
é o traballo da fonte quente;
é o traballo da fonte fría. Estes valores poden ser positivos ou negativos segundo se realice traballo ou se absorba, o balanzo depende do tipo de máquina.
O traballo pode ser definido a partir das trocas de calor:
(2)onde
e
son respectivamente o calor cedido da fonte quente e o calor recibido pola fonte fría.
Rendemento [editar]
O rendemento das máquinas térmicas pode ser, de unha maneira xeral, a razón entre o traballo total e o traballo (ou calor) necesario para que ela funcione, ou sexa, é o que se obtén pelo que se dá de traballo:
(3)mas pola ecuación (2) podemos mellorar a ecuación (3):

e por fin:
(4)O rendemento é a eficiencia con que unha máquina térmica funciona. En xeral o rendemento das máquinas é baixo:
- motores de automóbeis da orden de 20%;
- motores a Diesel da orden de 30%;
- grandes turbinas a gas da orden de 40%.
Asi o restante de enerxía que non é aproveitado pola máquina é xogado no medio ambiente na forma de enerxía inútil, perdida.
Máquinas Frigoríficas ou Xeladeiras [editar]
Como vimos, unha máquina térmica consiste en fornecer calor para se obter traballo con algunha perda. Nas máquinas frigoríficas, o ciclo funciona esencialmente en sentido contrario, pois elas retiran calor da fonte fria (seu interior) transferindoo para a fonte quente:
(5)e por un raciocinio análogo ao anterior chegaremos a:
(6)Máquina de Carnot [editar]
É unha máquina ideal que opera no Ciclo de Carnot, sendo que esta máquina ten un rendemento máximo, é o limite de todas as máquinas. Para unha máquina de Carnot é valida a relación:
(7)onde
e
son respectivamente as temperaturas da fonte quente e da fonte fría. As relacións de rendemento poden ser modificadas pola relación (7) e se obter o rendemento de unha máquina de Carnot.