Lygia Bojunga Nunes
Lygia Bojunga Nunes, nada en Pelotas o 26 de agosto de 1932, é unha escritora brasileira. Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen en 1982.
Índice |
Traxectoria [editar]
Iniciou a súa vida profesional como actriz, téndose dedicado á radio e ao teatro, até retomala literatura.
Coa obra Os colegas (1972) conquistou un público que se solidificou con Angélica (1975), A casa da madrinha (1978), Corda bamba (1979), O sofá estampado (1980) e A bolsa amarela (1981). Por estes libros recibeu, en 1982, o Premio Hans Christian Andersen, o mais importante premio literario infantil. O premio foi concedido pola International Board on Books for Young People, afiliada á UNESCO. Os colegas xa antes conquistara o primeiro lugar no Concurso de Literatura Infantil do Instituto Nacional do Livro (INL), en 1971, con ilustracións de Gian Calvi.
Estilo [editar]
Lygia Bojunga Nunes ten recibido reiterados eloxios da crítica especializada, quer brasileira, quer estranxeira. No escenario brasileiro, con frecuencia ten sido referida como a herdeira ou sucesora de Monteiro Lobato, por estabelecer un espazo no que a crianza ten — a través da liberdade da imaxinación — unha chave para a resolución de conflitos, o que Monteiro Lobato mostrou saber facer con mestría. Algunhas veces, no escenario internacional, acostúmase comparala a Saint-Exupéry e a Maurice Druon, pola notábel sensibilización infantil destes a través de O Principiño e O menino do dedo verde, respectivamente. Con efecto, misturando con habilidade o real e a fantasía, Lygia alcanza, nun estilo fluente, entre o coloquial e o monólogo interior, perfecta comunicación co seu lector.
Consciente de que literatura é comunicación, a autora non recusa tratar de temas considerados problemáticos como o suicidio, en 7 cartas e 2 soños (1983) e O meu amigo pintor (1987); asasinato, en Nós três (1987) e abandono dos fillos pola mai, no conto Tchau, no volume do mesmo nome (1985).
Co libro Um encontro com Lygia Bojunga Nunes (1988), reuniu textos sobre a súa relación coa literatura, presentando, de forma dramatizada, o resultado do seu traballo.
Ese é tamén o inicio dunha reflexión metaliteraria, que se estende por Paisagem e Fazendo Ana Paz, ambos de 1992, onde reflectiu sobre o que é facer literatura, facendo literatura, liña que ten en Feito à mão (1996), unha realización radical, pois o libro foi feito con papel reciclado e fotocopiado — unha alternativa á produción industrial.
Con Seis vezes Lucas e O abraço, tamén de 1996, retoma un tema instigante deste final de século: unha literatura dirixida a calquera lector, estando no obxecto-libro a maneira de adecuala ás diversas etapas da vida humana.
É un dos maiores nomes da literatura infantil e xuvenil brasileira e mundial, así consagrada pola calidade da súa obra e caracterización da problemática dos nenos, acuada dentro do núcleo familiar.
A súa obra xa foi publicada en alemán, francés, español, sueco, noruegués, islandés, holandés, dinamarqués, xaponés, catalán, húngaro, búlgaro e finlandés.
Os seus libros teñen sido altamente recomendados pola crítica europea e están sendo radiofonizados en varios países, sendo que un deles,Corda bamba, foi filmado na Suecia.
Casada cun inglés, vive parte do seu tempo en Londres e parte no Río de Xaneiro. A autora prepara unha transposición para o teatro de 7 cartas e 2 sonhos.
Obra [editar]
- Os Colegas - 1972
- Angélica - 1975
- A Bolsa Amarela - 1976
- A Casa da Madrinha - 1978
- Corda Bamba - 1979
- O Sofá Estampado - 1980
- Tchau - 1984
- O Meu Amigo Pintor - 1987
- Nós Três - 1987
- Livro, um Encontro - 1988
- Fazendo Ana Paz - 1991
- Paisagem - 1992
- Seis Vezes Lucas - 1995
- O Abraço - 1995
- Feito à Mão - 1996
- A Cama - 1999
- O Rio e Eu - 1999
- Retratos de Carolina - 2002
- Aula de Inglês - 2006
- Sapato de Salto - 2006
- Dos Vinte 1 - 2007