Lviv - Львів
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lviv ou L'viv (en ucraíno: Львів, en polaco: Lwów) é unha cidade do oeste de Ucraína, capital da provincia (oblast) do mesmo nome. É un importante centro cultural, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ten 808.900 habitantes. Conta cun aeroporto internacional, dúas universidades.
Lviv foi fundada a mediados do século XIII. Os polacos conquistárona en 1340. En 1772 pasa a ser a capital da provincia de Galitsia no Imperio Austríaco.
Ata a Segunda Guerra Mundial formou parte de Polonia. A poboación polaca refuxiouse na cidade de Wroclaw e as autoridades soviéticas repoboárona con poboación ucraniana.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]