Lois X de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís X de Francia»)
Lois X de Francia
Nacemento4 de outubro de 1289
Lugar de nacementoParís
Falecemento5 de xuño de 1316
Lugar de falecementoVincennes
Causadoenza
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia e Reino de Navarra
Relixióncristianismo
Ocupacióngobernante
PaiFilipe IV de Francia
NaiXoana I de Navarra
CónxuxeMargarida de Borgoña e Clemência da Hungria
FillosXoana II de Navarra e Xoán I de Francia
IrmánsSabela de Francia, Carlos IV de Francia e Filipe V de Francia
Na rede
WikiTree: Capet-355 Find a Grave: 21092 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lois X de Francia

Lois X[1] ou Lois X de Francia e I de Navarra, chamado tamén Lois o Obstinado ou Louis le Hutin, naceu o 4 de outubro de 1289 para morrer o 5 de xuño de 1316.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Filipe IV de Francia "O Fermoso" e de Xoana I de Navarra. Irmán dos máis tarde tamén reis Filipe V de Francia e Carlos IV de Francia, e de Isabel, casada co rei Eduardo II de Inglaterra.

Rei de Navarra en 1305 e de Francia en 1314, durante o seu reinado afrontou a rebelión de Flandres e o inverno da fame, trala morte do seu pai Filipe IV. Casou en 1305 con Margarida de Borgoña, (neta de Lois IX de Francia), da cal tivo unha filla, Xoana (que sería Xoana II de Navarra), nada cara a 1311. A raíña Margarita foi posteriormente encarcerada acusada de adulterio e confinada na prisión de Château Gallard, onde foi estrangulada a petición do seu esposo. Pouco despois, o rei casará en 1315 con Clemencia de Hungría.

Lois X morreu envelenado en Vincennes ó ano seguinte. O seu fillo Xoán I de Francia (Xoán o Póstumo), naceu cinco meses despois da súa morte e sucedeuno no trono, pero morreu aos poucos días de nacer. Filipe V de Francia, irmán de Lois, sucedeuno á súa vez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09.