Lingua luxemburguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luxemburgués")
Luxemburgués
'Lëtzebuergesch'
Falado en: Luxemburgo, Bélxica, Francia, Alemaña.
Rexións: Europa
Total de falantes: 300.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Occidental
   Antigo alto alemán
    Luxemburgués
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo
Regulado por: Conseil Permanent de la Langue Luxembourgeoise (CPLL)
Códigos de lingua
ISO 639-1: lb
ISO 639-2: ltz (B) ltz (T)
ISO 639-3: ltz
SIL: LTZ

O Luxemburgués (en luxemburgués Lëtzebuergesch, en alemán, Luxemburgisch, en francés Luxembourgeois) é unha lingua xermano-occidental falada en Luxemburgo. Foi adoptada como idioma oficial en 1984. Fálase tamén en pequenas partes de Bélxica, Francia e Alemaña, así como por algúns descendentes de inmigrantes luxemburgueses de Estados Unidos e Transilvania, Romanía (Siebenbürgen). Hai uns 300.000 falantes de luxemburgués en todo o mundo.

Pertence ao grupo de idiomas do Alto Alemán, como o alemán estándar. É relativamente doado para un alemán entender a un falante de luxemburgués pero moito máis complicado tentar falalo pola súa influencia francesa.

Por outro lado, o luxemburgués escrito a miúdo amosa unha clara influencia do Alto Alemán na sintaxe e os modismos. O luxemburgués aínda depende moito da normativa gramatical alemá.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua luxemburguesa.