Luxemburgo - Lëtzebuerg
| Groussherzogtum Lëtzebuerg Grand-Duché de Luxembourg Großherzogtum Luxemburg Gran Ducado de Luxemburgo |
|||||
|
|||||
Luxemburgo é un país de Europa Occidental, limitado ao leste por Alemaña, ao sur por Francia e a oeste e norte por Bélxica.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia de Luxemburgo.
A historia rexistrada do Gran-Ducado do Luxemburgo comeza coa construción do Castelo do Luxemburgo na idade média. En torno desta fortaleza desenvolveuse gradualmente unha cidade, que se transformou no centro dunha pequena mais importante nación con gran valor estratéxico para Francia, Alemaña e Holanda. Despois de séculos de conquistas e goberno por estados estranxeiros, o Luxemburgo acabou por se tornar nunha nación independente e neutral no século XIX.
Porén, o país foi repetidamente atacado por Alemaña no século XX, o que o levou a abandonar a súa política de neutralidade despois da Segunda Guerra Mundial, cando se tornou nun membro fundador da OTAN, das Nacións Unidas e da Comunidade Económica Europea (máis tarde Unión Europea).
Política [editar]
- Artigo principal: Política de Luxemburgo.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións de Luxemburgo.
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía do Luxemburgo.
Xeografía [editar]
Luxemburgo é o sétimo país máis pequeno de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial. O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense as estribacións meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes do Mosela. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense. Deste a oeste o país atravesouse polo Sauer (Sûre en francés), afluente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe ao Alzette e pola esquerda ao Our e ao Clerf, entre outros.
A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.
O clima é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.
A capital, Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes son Esch-sur-Alzette, cara ao suroeste da capital e Echternach, ao leste, contra a fronteira con Alemaña.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía do Luxemburgo.
Cultura [editar]
A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais: francés, alemán e luxemburgués. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro xermánico.
Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas co fin de facelas comprensibles a todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.
A lei do 26 de xullo de 1843 reforzou o bilingüismo introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.
O luxemburgués, un dialecto do alemán moi influído polo francés, nativo da rexión de Mosela, foi introducido na escola primaria en 1912.
| Data | Nome en galego | Nome local |
|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Ano novo | Neijoerschdag |
| febreiro | Entroido | Fuesent |
| marzo/abril | Luns de Pascua | Ouschterdag |
| 1 de maio | Día do Traballo | Dag vun der Aarbecht |
| maio | Ascensión | - |
| maio | Luns de Pentecoste | - |
| 23 de xuño | Aniversario do Gran Duque | Nationalfeierdag |
| 15 de agosto | Asunción de María | Mariä Himmelfahrt |
| 1 de novembro | Todos os santos | Allerhellgen |
| 25 de decembro | Nadal | Chrëschtdag |
| 26 de decembro | Santo Esteban | Stiefesdag |
Ata 1984, o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de 1830, 1832 e 1834, os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.
A revisión constitucional de 1984 deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O 24 de febreiro de 1984 unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.
O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensina inglés e moitas veces un dos seguintes idiomas: latín, español ou italiano. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|||||||
|
|||||
|
|||||