Luvas de boxeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luvas de boxeo.

As luvas de boxeo son as luvas acolchadas que os boxeadores usan para minimizar o impacto dos golpes. O uso das luvas de boxeo modernas axuda a reducir as feridas faciais, pero causa máis danos cerebrais, segundo estudos médicos.[1][2]

O uso de protección nas mans na loita deportiva data da Grecia antiga. Na Antiga Grecia era común enfundarse as mans con coiro para a súa protección.

As luvas de boxeo teñen diferentes pesos e úsanse con fins específicos. O tamaño e peso das luvas de boxeo mídense en onzas. No boxeo profesional, as luvas son de 8 a 10 onzas. Nos adestramentos de sparring poden ser de 14 a 20 onzas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Medical Journal: The Boxing Debate (en inglés)
  2. Dillner L. Boxing should be counted out, says BMA report. BMJ. 1993;306:1561–1562 (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]