Lutiánidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lutjanus aratus

Os Lutiánidos (Lutjanidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Aleta dorsal continua, con 10-12 espiñas e 10-17 radios brandos; anal con tres espiñas e 10-17 radios brandos; pélvicas cunha espiña e 5 radios brandos, inseridas á altura das pectorais.

Boca terminal, de tamaño moderado a grande, algo protráctil. Dous orificios olfactorios a cada lado. Preopérculo normalmente aserrado.

Poden alcanzar una lonxitude máxima de 1 m.

A maioría das especies son depredadores de crustáceos e peixes, aínda que tamén as hai planctívoras.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Lutjanus argentimaculatus

A familia divídese en catro subfamilias con 17 xéneros e 103 especies:

  • Subfamilia Apsilinae
    • Xénero Apsilus (Valenciennes en Cuvier y Valenciennes, 1830)
    • Xénero Lipocheilus (Anderson, Talwar y Johnson, 1977)
    • Xénero Paracaesio (Bleeker, 1875)
    • Xénero Parapristipomoides (Kami, 1973)
  • Subfamilia Etelinae
    • Xénero Aphareus (Cuvier en Cuvier y Valenciennes, 1830)
    • Xénero Aprion (Valenciennes en Cuvier y Valenciennes, 1830)
    • Xénero Etelis (Cuvier en Cuvier y Valenciennes, 1828)
    • Xénero Pristipomoides (Bleeker, 1852)
    • Xénero Randallichthys (Anderson, Kami y Johnson, 1977)
  • Subfamilia Lutjaninae
    • Xénero Hoplopagrus (Gill, 1861)
    • Xénero Lutjanus (Bloch, 1790)
    • Xénero Macolor (Bleeker, 1860)
    • Xénero Ocyurus (Gill, 1862)
    • Xénero Pinjalo (Bleeker, 1873)
    • Xénero Rhomboplites (Gill, 1862)
  • Subfamilia Paradichthyinae
    • Xénero Symphorichthys (Munro, 1967)
    • Xénero Symphorus (Günther, 1872)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lutiánidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lutiánidos