Lung Boonmee raluek chat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
weerasethakul presentando o filme no Festival Internacional de Viena

Lung Boonmee raluek chat (ลุงบุญมีระลึกชาติ) é un filme tailandés en lingua lao[1] de 2010 dirixido por Apichatpong Weerasethakul. O filme tivo a súa estrea na 63ª edición do Festival de Cannes, onde recibiu a Palma de Ouro.

O filme de xénero fantástico forma parte dun proxecto multiplataforma denominado "Primitivo" que se centra na vila de Nabua na rexión tailandesa de Isan (de lingua lao) e da que forma parte unha vídeo instalación en sete partes e dúas curtametraxes de 2009. A obra ten como tema central a reencarnación da alma, céntrase dos últimos días da vida dun apicultor, o tío Boonme, que padece unha insuficiencia real e pasa as súas últimas horas nunha casa illada no medio da foresta e alí recibe a visita dos espíritos dos seus familiares defuntos, a súa dona e o seu fillo que regresa en forma non humana, grazas a estas visitas Boonmee pode chegar a explorar as súas vidas anteriores. A historia baséase nunha personaxe real recollido por Phra Sripariyattiweti, abade dun templo budista, nun libro que escribiu en 1983 no que conta a historia de Boonmee que dicía que podía recordar claramente as súas vidas anteriores [2]


Notas[editar | editar a fonte]