Luneda, A Cañiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luneda
Igrexa parroquial
ConcelloA Cañiza[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°09′38″N 8°18′57″O / 42.16047222, -8.31583333Coordenadas: 42°09′38″N 8°18′57″O / 42.16047222, -8.31583333
Poboación163 hab. (2013)
Entidades de poboación36[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Luneda é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 163 habitantes (84 mulleres e 79 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 314 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Baña a parroquia o rego Cortegaza[2], afluente do río Deva. Limita ao norte coa parroquia das Achas e ao sur con Mourentán (Arbo).

Historia[editar | editar a fonte]

Dependía da encomenda da freguesía de Santa María de Beade a través da orde de San Xoán de Xerusalén[3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa María ten unha espadana de dúas campás. Amais existe unha capela adicada a San Roque e outra ermida adicada á Angustia no lugar do Lagarto, de propiedade particular.

Nesta parroquia atópase situada a casa e a Fundación Mundonatura.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Luneda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Luneda no concello da Cañiza (Pontevedra)

A Abelleira | Os Blancos | O Candán | O Carballo | O Carnal | A Carreira | A Casavella | A Castiñeira Vella | A Chan | Os Cortizos | A Costa | O Cotiño | O Coto do Mouro | O Coto do Muíño | Éichegas | A Ermida | Fraguas | Gonda | O Lagarto | Luneda | O Outeiro | O Palleiro | O Pereiro | A Porteliña | O Quinteiro | Raxoi | Requeixos | A Revoltiña | O Sabugueiro | San Roque | A Senra | O Souto | As Táboas | O Teso | O Touredo | Vilariño

Parroquias da Cañiza[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]