Luise Rainer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luise Rainer
Luise Rainer 1936.jpg
Rainer en 1936
Nacemento Luise Rainer
12 de xaneiro de 1910 (104 anos)
Düsseldorf
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
Profesión actriz
Cónxuxe(s) Cliffor Odets (1937–40)
Robert Knittel (1945–89)

Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 é unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.

Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy.[2]

A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interviu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.

Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.[3]

Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1932 Sehnsucht 202
1932 Madame hat Besuch
1933 Heut' kommt's drauf an
1935 Escapade
1936 The Great Ziegfeld
1937 The Good Earth
1937 The Emperor's Candlesticks
1937 Big City
1938 The Toy Wife
1938 The Great Waltz
1938 Dramatic School
1943 Hostages
1997 The Gambler

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biography for Luise Rainer". http://www.imdb.com/name/nm0707023/bio?ref_=nm_ov_bio_sm. Consultado o 5 de outubro de 2013.
  2. "How Hollywood 'Discovered' Its Latest Foreign Star" by Dan Thomas, Laredo Morning Times, 17 November 1935 p. 13
  3. Ciaccia, Maria. "A victim of the 'Oscar curse'". http://classicfilm.about.com/od/actorsanddirectors/a/Luise-Rainer-Biography.htm. Consultado o 5 de outubro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]