Luís Tosar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Tosar")
Luís Tosar
Luis Tosar.JPG
Luis Tosar
Nacemento 13 de outubro de 1971 (41 anos)
Xustás, Cospeito, Lugo, Galicia Galicia
Profesión cantante e actor
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da Televisión de Galicia Mareas vivas, serie mítica da TVG e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luis Tosar. En febreiro de 2003 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego.

Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Reparto no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Celda 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.

En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie Miami Vice dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.

Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do Prestige (13 de novembro de 2002).

É o cantante da banda Di Elas.

Obra [editar]

Longametraxes [editar]

Teatro [editar]

Premios [editar]

Premios Goya [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor interpretación masculina protagonista Mientras duermes Candidato
2010 Mellor interpretación masculina protagonista También la lluvia Candidato
2009 Mellor interpretación masculina protagonista Celda 211 Gañador
2003 Mellor interpretación masculina protagonista Te doy mis ojos Gañador
2002 Mellor interpretación masculina de reparto Os luns ó sol Gañador
1999 Mellor actor revelación Flores de otro mundo Candidato

Unión de Actores [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2009 Mellor actor protagonista de cine Celda 211 Gañador
2003 Mellor actor protagonista de cine Te doy mis ojos Gañador
2002 Mellor actor secundario de cine Os luns ó sol Gañador

Fotogramas de Prata [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor actor de cine Mientras duermes Candidato
2009 Mellor actor de cine Celda 211 Gañador
2003 Mellor actor de cine Te doy mis ojos Gañador

Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Cuncha de Prata ó mellor actor Te doy mis ojos Gañador

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor Actor (ex aequo) O lapis do carpinteiro Gañador

Premios Mestre Mateo [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor actor protagonista Operación E Candidato
2010 Premio de Honra "Fernando Rey" Gañador
Mellor actor de reparto 18 comidas Candidato
2009 Mellor actor protagonista Celda 211 Gañador
2008 Mellor actor protagonista A noite que deixou de chover Candidato
2006 Mellor actor protagonista Cargo Gañador
2004 Mellor actor protagonista A vida que che espera Candidato
2003 Mellor actor protagonista O lapis do carpinteiro, Trece badaladas e O agasallo de Silvia Gañador
2002 Mellor actor protagonista Os luns ó sol Gañador

Premios María Casares [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2006 Mellor actor protagonista Hamlet Gañador

Festival Internacional de Cine de Miami [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor Actor Iberoamericano La flaqueza del bolchevique Gañador

Festival Internacional de Cine de Seattle [editar]

Ano Categoría Película Resultado
2010 Mellor Actor Protagonista Cela 211 Gañador

Premio Xarmenta [editar]

Ano Categoría
2005 Defensa da lingua galega no Bierzo

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]