Luis Sánchez-Harguindey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Sánchez-Harguindey Pimentel»)
Luis Sánchez-Harguindey
Nome completoLuis Sánchez-Harguindey Pimentel
Nacemento28 de xullo de 1935
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1 de xuño de 2003
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e médico
PremiosGran Cruz de la Orden Civil de Sanidad e Medalla da Orde do mérito constitucional
editar datos en Wikidata ]

Luis Sánchez-Harguindey Pimentel, nado en Santiago de Compostela o 28 de xullo de 1935 e finado en Madrid o 1 de xuño de 2003, foi un médico e político de orixe galega residente en Madrid, onde exerceu a súa actividade ata o seu falecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coa cualificación de sobresaínte. Xa en Madrid, e baixo tutela do doutor Carlos Jiménez Díaz, especializouse en Patoloxía Xeral e recibiu os títulos de médico especialista do aparato circulatorio e o de médico especialista en Medicina Interna.

Luis Sánchez-Harguindey obtivo a praza de xefe de Cardioloxía do Hospital Clínico San Carlos de Madrid por concurso nacional de méritos, cargo que exerceu ata o seu falecemento. Director do Colexio Maior de Graduados "Menéndez Pelayo" e vogal da Xunta de Goberno da Universidade Complutense, mantivo ligazón coa docencia como profesor asociado da Facultade de Medicina da Universidade Complutense. Foi autor de máis dun centenar de publicacións relativas á súa especialidade.

Foi membro da Sociedad Española de Cardiología e Correspondente da portuguesa. Tamén da Comisión Interministerial para a Reforma Sanitaria e da Mesa de Hospitales do Colexio de Médicos de Madrid. Ostentou, ata a súa morte, a presidencia do Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos.

Política[editar | editar a fonte]

Nos seus anos universitarios converteuse no primeiro xefe do Sindicato Español Universitario (SEU) non afiliado á Falange Española.

Posteriormente e xa co goberno de Adolfo Suárez, ocupou os cargos de gobernador civil de Granada, subgobernador civil de Madrid, secretario de Estado de Sanidade e subsecretario do Interior.

En 1981, durante o intento de golpe de estado do 23-F e co ministro de Interior, Juan José Rosón e o presidente do goberno retidos polo coronel Antonio Tejero no hemiciclo, Luis Sánchez-Harguindey, como subsecretario de Interior, e o entón Director da Seguridade do Estado, Francisco Laína, asumiron a responsabilidade de dirixir o goberno interino, a denominada Comisión de Subsecretarios, que xestionaría durante as seguintes horas a crise política aberta polos golpistas.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz do Mérito Civil de Sanidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]