Luis Sáenz Peña
Nome orixinal | (es) Luis Sáenz Peña | ||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de abril de 1822 Buenos Aires | ||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de decembro de 1907 (85 anos) Buenos Aires | ||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemitério da Recoleta (pt) | ||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||
Presidente da Arxentina | |||||||||||||||||||||||
Período | 12 de outubro de 1892 - 23 de xaneiro de 1895 | ||||||||||||||||||||||
Antecesor | Carlos Pellegrini | ||||||||||||||||||||||
Sucesor | José Evaristo de Uriburu | ||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Arxentina | ||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Buenos Aires | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Buenos Aires | ||||||||||||||||||||||
Ocupación | avogado e político | ||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Autonomista Partido Autonomista Nacional - PAN | ||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Cipriana Lahitte Sáenz Peña | ||||||||||||||||||||||
Fillos | Roque Sáenz Peña | ||||||||||||||||||||||
Lista
|
Luis Sáenz Peña Dávila, nado en Buenos Aires o 2 de abril de 1822 e finado na mesma cidade o 4 de decembro de 1907, foi un avogado e político arxentino, que foi presidente da Arxentina entre 1892 e 1895.
Graduado de avogado na Universidade de Buenos Aires, participou na Asemblea Constituínte de 1860. Foi varias veces deputado nacional e senador. En 1882 ocupou unha vocalía na Suprema Corte de Xustiza da Provincia de Buenos Aires. Posteriormente desempeñou a presidencia do Banco da Provincia, a dirección da Academia de Xurisprudencia e unha vocalía no Consello Xeral de Educación.
O 12 de outubro de 1892 foi consagrado presidente da Nación. Debilitado polos diversos levantamentos do radicalismo, o 23 de xaneiro de 1895 presentou a súa renuncia ante o Congreso, que a aceptou. O goberno pasou a mans do vicepresidente José Evaristo de Uriburu, quen completou o mandato ata 1898.O seu fillo Roque tamén foi presidente.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Carlos Pellegrini |
Luis Sáenz Peña | Precede a: José Evaristo de Uriburu |
Partido Autonomista Partido Autonomista Nacional - PAN |