Luis Rufilanchas
Luis Rufilanchas Salcedo, nado en Xixón o 17 de maio de 1910 e finado na Coruña o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político socialista español. Foi fusilado polos sublevados ao inicio da Guerra Civil Española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Era profesor na Universidade Central de Madrid, sendo profesor auxiliar de Dereito e adxunto á cátedra do tamén militante do PSOE Jiménez de Asúa.[1] Nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido deputado nas listas da Fronte Popular na circunscrición da provincia de Madrid. Como deputado foi adscrito á Comisión de Actas.[2]
Luis Rufilanchas estaba en Galicia no momento de producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á Guerra Civil Española. Puido esconderse durante varios meses en diversas cidades galegas, tratando de fuxir á zona republicana. Sen embargo, logo dun novo intento de fuga, foi apresado polos franquistas nas inmediacións da Coruña entre os meses de febreiro e marzo de 1937. Foi encausado polo delito de rebelión militar e condenado a morte. A súa execución tivo lugar o 11 de xullo de 1937 na Coruña.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Precisiones. Carta ao Director de El País, de Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela.
- Ficha no Congreso dos Deputados
- Ficha en Nomes e Voces