Luis Gamonal Gago
Luis Gamonal | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Gamonal Gago | ||
Nacemento | 1 de xuño de 1922 | ||
Lugar de nacemento | Villadangos del Páramo | ||
Falecemento | 18 de marzo de 1981 | ||
Lugar de falecemento | Santander | ||
Altura | 162 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1945–1946 | Barcelona | 24 | (6) |
1946–1948 | Deportivo da Coruña | 18 | (1) |
1948–1952 | Málaga | 31 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Gamonal Gago, nado en Villadangos del Páramo (León) o 1 de xuño de 1922, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na tempada 1945–46 xogou no FC Barcelona, conseguindo a Copa Duarte desa campaña.
Na tempada 1946–47 fichou polo Deportivo da Coruña, co que descendeu ao final da campaña a Segunda División, permanecendo unha tempada máis.
Na tempada 1947–48 xogou no Racing Club de Ferrol, na Segunda División.
Na tempada 1948–49 foi contratado polo CD Málaga, club co que subiu a Primeira División esa campaña. Despois de dúas tempadas na máxima categoría, o club novamente descedeu a Segunda División na campaña 1950–51, permanecendo Gamonal un ano máis no equipo.