Luis Collarte Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Collarte Rodríguez
Nacemento4 de xaneiro de 1960
Lugar de nacementoOurense
Falecemento17 de outubro de 2022
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]

Luis Collarte Rodríguez, nado en Ourense o 4 de xaneiro de 1960 e finado o 17 de outubro de 2022[1], foi un arquitecto galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de arquitecto na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña en 1986. Dende aquela compaxinou o seu labor como arquitecto coa de relator en charlas e conferencias en foros especializados como a Asociación de Empresarios da Pedra en Frankfurt ou o Colexio de Arquitectos de Galiza.

Antes de concluír os seus estudos universitarios xa fundara o seu primeiro estudo con outros compañeiros, labor que compatibiliza nunha empresa familiar adicada ao sector da pedra natural e que o sitúa como referente na evolución dos seus sistemas de colocación na arquitectura actual. Froito desta etapa son as colaboracións con grandes figuras da arquitectura nacional e internacional, como as obras realizadas con Arata Isozaki[2] (Domus - Casa do Home e Sizhuoka Kenmin Plaza), con Manuel Gallego Jorreto (Museo de Belas Artes da Coruña e o Hospital de Oza), todas elas premiadas a nivel nacional e internacional.

En 1993 foi nomeado Presidente da Asociación de Graniteiros de Ourense polo seu traballo de investigación e emprego en torno as materiales naturales, mentres que en 1996 foi convidado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a participar como membro na I Mesa Galega do Granito e a Pizarra.

Estilo[editar | editar a fonte]

As súas obras manifestan de xeito claro unha etapa da realidade da arquitectura de toda unha xeración, á que aporta a súa constante preocupación polo avance dos sistemas de coordinación e montaxe, nos procedementos construtivos e na necesidade de evolucionar a un novo xeito de construír, que abandone a forza da presión e que sexa presidido polo control xeométrico e o coñecemento preciso das necesidades da obra.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten desenvolvido unha intensa actividade profesional, que nos seus últimos anos se orientou decididamente a manter unha forte presenza en concursos de arquitectura en diversos países, aínda que con maior intensidade no norte de España, nas zonas próximas ao seu estudio central na cidade da Coruña.

Como resultado deste labor concursal recibiu numerosos premios,[4] e tivo a ocasión de construír edificacións de tipoloxías diversas, entre as que cómpre salientar diversos edificios públicos, centros culturais, pazos de Exposicións, hoteis e centros comerciais. Merece especial mención a adicación que mantivo cara ao sector da vivenda social, participando en numerosas convocatorias de concursos de entidades de promoción pública como a Empresa Municipal de La Vivienda de Madrid, o Instituto de la Vivienda de la Comunidad de Madrid e o Instituto Galego de Vivienda e Solo.

Obras representativas[editar | editar a fonte]

A súa obra pode dividirse en tres grandes etapas:

Vista da fachada principal da Casa do Home, A Coruña

1986-1996[editar | editar a fonte]

Durante esta década compartiu as tarefas de arquitecto coas de director técnico de sociedades adicadas á explotación de canteiras de rocha ornamental, transformación e execución de obras de pedra natural. Entre os seus traballos máis representativos atopamos:

1996-2008[editar | editar a fonte]

Pazo da Cultura de Carballo

Nesta época abandona todo tipo de actividades relacionadas co mundo da empresa e a industria para centrarse no traballo do estudio. As obras máis salientables deste período son:

2008 – 2022[editar | editar a fonte]

Observatorio Astronómico de Forcarei.

Nesta época diminuíu o número de obras a cambio dunha maior envergadura dos seus proxectos:

Premios[editar | editar a fonte]

  • Parcela de 220 uds. VPO en Vallecas-Madrid. 2º Premio (EMV Ayto. de Madrid. 2004)
  • Ordenación da Mariña - A Coruña. 2º Premio Ex –aequo (Concello da Coruña- Autoridade Portuaria da Coruña. 2007)
  • Centro de Supercomputación de Galicia en Santiago de Compostela 2º Premio (COAG- Cesga. 2008)
  • Edificio Xudicial en Ourense. Accésit (COAG-Presidencia Xunta. 2009)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]