Luis Cochón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes
|
José Luis Cochón Touriño é un escritor e profesor de lingua e literatura castelá.
Índice |
Traxectoria [editar]
Militante do PCE nos anos 60 e 70, é catedrático de lingua e literatura castelá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. Neste instituto coincidiu con Xesús Rábade Paredes, persoa coa cal mantén unha grande amizade. É un grande coñecedor das letras galegas e das españolas. Destaca polos seus traballos sobre Uxío Novoneyra e pola súa relación co Centro Ramón Piñeiro. En 2010 publicou Volvo do mar derradeiro, escrito na memoria de Herminio Barreiro.
Obras [editar]
Edicións [editar]
- Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán González-Pardo en modo de antífona, 2011, Centro Ramón Piñeiro.
- Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo, 2012, Centro Ramón Piñeiro.
Obras colectivas [editar]
- Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán González-Pardo (1952-1971), 2009, Centro Ramón Piñeiro.
- Cartas de poeta: de Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro (1953-1972), 2010, Consello da Cultura Galega. Coeditor.
- A casa! o val! a patria homilde! Celebración de Uxío Novoneyra (1930–1999), 2010, Centro Ramón Piñeiro.
- Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999), 2010, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Esta coor de soidá (escolma poética), de Uxío Novoneyra, 2010, Follas Novas. Coeditor.
- Remuíño de prosas, de Álvaro Cunqueiro, 2011, Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Vídeo de J.L. Cochón sobre Novoneyra en "Palabra de autor" (TVG).
