Luigi Taveri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luigi Taveri

Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929, é un motociclista suízo retirado.

Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.