Luigi Padovese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luigi Padovese
Luigi Padovese en Colonia, 2009.
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1947 en Milán, Italia
Pasamento3 de xuño de 2010 en Turquía
Ordes
Ordenación sacerdotal16 de xuño de 1973
Consagración episcopal7 de novembro de 2004, por Edmond Y. Farhat
Vigairo apostólico de Anatolia
2004 - 2010
PredecesorRuggero Franceschini
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Luigi Padovese, nado en Milán (Italia) o 31 de marzo de 1947 e asasinado o 3 de xuño de 2010 en Turquía, foi un bispo católico italiano e relixioso capuchino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luigi Padovese naceu en Milán o 31 de marzo de 1947.[1] Entrou nos capuchinos da provincia da Lombardía en 1964, facendo os votos temporais o 4 de outubro de 1965 e os perpetuos o 4 de outubro de 1968. Foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos o 16 de xuño de 1973.[1]

Diplomouse en Teoloxía na Pontificia Universidade Antoniana, e posteriormente licenciouse en 1975 pola Pontificia Universidade Gregoriana, especializándose en Patrística e Historia da teoloxía. Posteriormente foi profesor no estudo teolóxico dos capuchinos en Milán, e a partir de 1979 no Pontificio Instituto para as Misións Estranxeiras. En 1995 pasou a ser profesor ordinario da Antoniana.

O 11 de outubro de 2004 foi nomeado vigairo apostólico de Anatolia e bispo titular de Monteverde.[1] Recibiu a ordenación episcopal o 7 de novembro,[1] de mans do arcebispo Edmond Y. Farhat, nuncio en Turquía.[2]

Foi asasinado o 3 de xuño de 2010.[3][4][5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • La cristologia di Aurelio Clemente Prudenzio. Roma: Ed. Pontific. Università Gregoriana. 1980. 
  • L'originalità cristiana : il pensiero etico-sociale di alcuni vescovi norditaliani del IV secolo. Roma: Ed. Laurentazianum. 1983. 
  • I sacerdoti dei primi secoli. Testimonianze dei Padri sui ministeri ordinati. Casale Monferrato: Piemme. 1992. 
  • Introduzione alla teologia patristica. Casale Monferrato: Piemme. 1992. 
  • Guida alla Siria. Casale Monferrato: Piemme. 1994. 
  • I testimoni della speranza: i Padri e san Francesco. Casale Monferrato: Piemme. 1996. 
  • Il problema della politica nelle prime comunità cristiane. Casale Monferrato: Piemme. 1998. 
  • Cercatori di Dio. Sulle tracce dell'ascetismo pagano, ebraico e cristiano dei primi secoli. Milán: Mondadori. 2002. 
  • Lo scandalo della croce. La polemica anticristiana nei primi secoli. Boloña: Ediz. Dehoniane. 2004. 
  • Piccoli dialoghi fra santi di marmo. Padua: Ed. Messagero. 2005. 
  • Ediz. Dehoniane, ed. (2005). La Chiesa che ti è affidata. La missione pastorale in un mondo che cambia. Boloña. 
  • Guida alla Turchia. I luoghi di san Paolo e delle origini cristiane. Milán: Ediz. Paoline - Associazione Eteria. 2008. 
  • La Verità nell'amore. Omelie e scritti pastorali (2004-2010). Obra publicada postumamente. Prefacio do cardeal Angelo Scola. Milán: Edizioni Terra Santa. 2012. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Libreria Editrice Vaticana, ed. (2009). Annuario Pontificio. p. 953. ISBN 9788820981914. 
  2. Simonelli, Gregorio Bruno (2005). Fransisken Kapüsen rahiplerinin Mersin'deki 150. yılı: 1855-2005. Istambul: Dağıtım, Latin Katolik Kilisesi. p. 111. 
  3. Allen, John L (2013). The Global War on Christians: Dispatches from the Front Lines of Anti-Christian Persecution (en inglés). Crown Publishing Group. ISBN 9780770437367. 
  4. Shortt, Rupert (2013). Christianophobia: A Faith Under Attack (en inglés). Wm. B. Eerdmans Publishing. p. 87. ISBN 9780802869852. 
  5. Van Rooy, Wim; Van Rooy, Sam (2010). De Islam: kritische essays over een politieke religie (en neerlandés). Asp / Vubpress / Upa. p. 492. ISBN 9789054877837. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martinelli, Paolo (2012). Mons. Luigi Padovese. Uomo di comunione (en italiano). Velar. ISBN 9788871357126. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ruggero Franceschini
 Vigairo apostólico de Anatolia 
2004 - 2010
Sucesor:
Ruggero Franceschini
(administrador apostólico)