Luigi Boccherini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luigi Boccherini
Nacemento19 de febreiro de 1743
Lugar de nacementoLucca
Falecemento28 de maio de 1805
Lugar de falecementoMadrid
Causatuberculose
NacionalidadeRepública de Lucca e Italia
Ocupaciónvioloncellista e compositor
IrmánsGiovanni Gastone Boccherini
Coñecido porQuinteto de Cordas em Mi Maior, Op. 11, nº 5 (Boccherini) e Symphony Op. 12 No. 4 (Boccherini)
Na rede
IMDB: nm0090530 Allmovie: p656480
Spotify: 2l4vGfFV7e46yO8lxfxR76 Musicbrainz: 5c1a3f8f-d5e5-4dcd-9e44-9443f06bb77d Discogs: 833097 IMSLP: Category:Boccherini,_Luigi Allmusic: mn0000182453 WikiTree: Boccherini-1 Find a Grave: 20334762 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luigi Boccherini, nado en Lucca o 19 de febreiro de 1743 e finado en Madrid o 28 de maio de 1805, foi un compositor e violoncellista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de artistas. O seu pai foi violoncellista e a súa irmá bailarina de ballet. O seu irmán foi escritor e poeta de certo prestixio, que chegou a escribir libretos para Antonio Salieri e Joseph Haydn. Boccherini seguiu os pasos do seu pai e interesouse polo violoncello, dando o seu primeiro recital á temperá idade de trece anos. En 1757, logo de terminar os seus estudos en San Pedro en Roma, acompañou ao seu pai para obter unha praza na corte imperial de Viena, e non volveu a Lucca ata 1764.

Boccherini viviu posteriormente case un ano en París, e trasladouse seguidamente a Madrid, onde gozou do mecenado de Don Luís, irmán do rei. Cara a 1770 empezou a compoñer o primeiro dos seus quintetos para corda, unha forma coa que foi amplamente relacionado. Trala morte de Don Luís en 1785, foi nomeado compositor da corte de Frederico Guillerme II de Prusia. O monarca, que tocaba ben o violoncello, tivo en moi alta estima a Boccherini. Recibiu numerosos encargos e os anos en Prusia foron uns dos máis frutíferos na súa vida. Co permiso de Guillermo, Boccherini desprazábase de cando en cando a Madrid, onde mantiña o cargo de compositor do marqués de Benavente.

Estes dous mecenados foron decaendo nos últimos anos da súa vida, de forma que a situación de Boccherini foi empeorando paulatinamente, ata que morreu aos 62 anos de idade sendo pobre.