Lugonovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lugonovo
Candidatura municipal
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Lugo
0 / 25
Outros datos
Na rede
lugonovo.gal

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia [1] de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, [2] negándose a apoiar a persoas imputadas[3] como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida[4] que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Lugonovo perdeu a representación no concello de Lugo tras as eleccións municipais de 2019, no contexto dunha forte fragmentación no campo da esquerda, con candidaturas separadas de Podemos (4% do voto), Esquerda Unida (2,74%) e o propio Lugonovo (2,77%).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 09 de abril de 2018. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 09 de abril de 2018. 
  3. Lugo, El Progreso de. "LugoNovo se compromete a no pactar con imputados". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  4. http://praza.gal/politica/9052/eu-integrase-na-alternativa-cidada-de-esquerdas-para-as-municipais-en-lugo/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]