Ludwig Heinrich Bojanus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ludwig Heinrich Bojanus.

Ludwig Heinrich Bojanus, nado en Bouxwiller, Alsacia, o 16 de xullo de 1776 e falecido e Darmstadt o 2 de abril de 1827, foi un médico e naturalista alemán.

Estudou en Darmstadt e despois na Universidade de Jena.

En 1806 foi profesor de veterinaria na Universidade de Vilnius, cambiando a anatomía comparada en 1816.

Publicou unha importante obra sobre a anatomía das tartarugas, Anatome Testudinis Europaeae.

Foi autor de varios descubrimentos científicos, entre eles o órgano glandular en moluscos bivalvos (denominado órgano de Bojanus), e diferenciou a especie Bos taurus primigenius Bojanus (o uro) de Bison priscus Bojanus (o bisonte das estepas).

En 1812, cando Napoleón I chegou a Vilnius, Bojanus foi por un tempo a San Petersburgo.

Faleceu en Darmstadt.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ludwig Heinrich Bojanus