Lucy Terry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucy Terry, nada contra 1730 e finada en 1821, foi unha escritora en lingua inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha escrava negra, capturada nunha razzia en África cando era un nena para ser vendida como escrava en Massachusetts, entón colonia inglesa. En 1756 Obijah Prince un home negro libre mercou a súa liberdade e casou con ela.

Lucy é a autora do primeiro poema escrito por un negro en América, Bars Fight, unha balada que narra un ataque a dúas familias brancas polos amerindios o 25 de agosto de 1746 no que morreron dous brancos, a autora claramente toma partido polos brancos e amosa desprezo para cos indios. O poema, que consta de 28 versos en transmitiuse como unha cántiga popular e non se recolleu por escrito ata 1855. Lucy, coñecida polas súas habelencias de oradora, defendeu e gañou un caso diante a Corte Suprema de Vermont.