Lucía Martínez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lucía Martínez»)
Infotaula de personaLucía Martínez Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería , percusionista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4b67c930-da39-4d81-abca-ab7dd1d16d80 Editar o valor em Wikidata

Lucía Martínez, nada en Vigo o 15 de marzo de 1982, é unha música, compositora e batería de jazz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con nove anos, Lucía Martínez comezóu estudar percusión tradicional e zanfona no Centro de Educación de Adultos de Vigo, onde contactou con músicos de tradición folclórica e oral. Moi cedo interesouse pola percusión clásica, o jazz e a música oral.[1]

En 1998 diplomouse en percusión clásica orquestal e solista na percusión clásica pola Guildhall School of Music and Drama de Londres. En 2006 licenciouse en percusión clásica no Conservatorio Superior de Música de Vigo e realizou prácticas coa Real Filarmonía de Galicia (RFG), pasando a formar parte da xeración 2002-2004 da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, pertencente a RFG.

Estudou vibráfono e batería de jazz, dentro do Programa Erasmus do Instituto Politécnico de Helsinqui-Stadia (2006). Obtivo a súa Licenciatura en Jazz pola Escola de Música e Artes do Espectáculo de Oporto (2007). Con posterioridade, fixo un Máster en Batería e Composición na Universidade das Artes de Berlín (2009) e outro Máster en Música de Cine na Universität für Film und Fernsehen Konrad Wollf en Potsdam-Babelsberg en Postdam-Babelsberg (2015).[1]

Tamén participou en seminarios sobre big band, composición, vibráfono e batería en Italia, Portugal, España e Inglaterra. Algúns dos seus mestres foron Michael Lauren, John Hollenbeck, Kurt Rosenwinkel, Jerry Granelli, Jeff Davis, Dave Samuels, John Riley, Garrison Fewell, Dave Friedman e Severy Pysalo.

As composición de Martínez caracterízanse polos contrastes, entre unha melodía moi forte e a liberdade creativa. Compatibiliza as súas creacións coa libre improvisación. As súas inspiracións veñen da literatura, as imaxes e as historias que trata de contar coa súa música.[2]Cando ela desribe a súa música sempre salienta que ten moito que ver coa tradición musical de Galicia e as músicas do mundo, ese é o "seu xeito de entender o jazz e a música en xeral".[3]

Ademais de co seu cuarteto Lucía Martínez Cuarteto, lidera o quinteto Lucía Martínez & Azulcielo e Lucía Martínez & The Fearless. Toca con varias bandas como Projecto Minho do baixista Baldo Martínez[4]ou MBM trío con Baldo Martínez e Antonio Bravo, e no cuarteto de percusión Tim Tim por Tim Tum.

Ten compartido escenario cun gran número de músicos e músicas do eido do jazz, o folk, a música tradicional e a música clásica, como Maria João, Perico Sambeat, Carlos Bica, Jason Lindner, Alan Ferber, Alexander von Schlippenbach, Sebastian Schunke, OJM (Orquestra de Jazz de Matosinhos - Portugal), Laszlo Süle, Orquesta Imaxinasons, Real Filharmonía de Galicia, Uxía Senlle, Mercedes Peón, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz e Defne Şahin.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Lucía Martínez, Agustí Fernández, Barry Guy: Bosque de Niebla (Fundacja Słuchaj! 2022)
  • Baldo Martínez / Juan Saiz / Lucía Martínez: Frágil Gigante (Leo Records 2020)
  • Uwe Oberg / Joe Fonda / Lucía Martínez: Relight (Not Two Records 2019)
  • Irene Aranda, Germán Díaz, Lucía Martínez: Tribus (2016)
  • Lucia Martinez & Agustí Fernández: Desalambrado (Pasoancho 2015)
  • Lucía Martínez Cuarteto: De viento y de sal (Karonte/NubaRecords, 2014)
  • Shotgun Chamber Trio: Themes and Dances (Meta Records 2014, mit Hannes Buder, Oleg Hollmann)
  • Lucía Martínez Berliner Projekt: AzulCielo (Karonte/NubaRecords, 2011, mit Ludwig Hornung, Viktor Wolf, Silke Lange, Marc Muellbauer)
  • MBM TRIO (Xingra/Karonte, 2011)
  • Soños e Delirios (Karonte/NubaRecords, 2009)

A súa produción discográfica componse dunha variedade de discos con diferentes selos discrográficos de prestixio internacional. O seu primeiro CD Soños e delirios (2009) foi nomeado aos Premios da Música Independente en España como mellor disco de jazz do 2009. Azulcielo foi nomeado aos Premios da Música Independente omo Mellor Artista e Mellor Disco de Jazz do 2012.

En 2014 editou con Lucía Martínez Cuarteto, De viento y de Sal que foi nomeado mellor disco de Jazz nos Premios da Música Independente.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2007: Como vibrafonista, premio a Mellor Intérprete no Festival “San Luiz” en Lisboa.[1]
  • 2007: Como vibrafonista, premio a Mellor Grupo no Festival “San Luiz” en Lisboa.
  • 2007: Premio DAAD recibido en Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Diariocrítico.com. "Doblete de la polifacética Lucía Martínez: nuevo disco con The Fearless y actuación en el Festival de Jazz en Madrid". Diariocrítico.com (en castelán). Consultado o 2024-02-04. 
  2. RIPOLLÉS, CARLOS (2021-07-27). "Lucía Martínez: "La infancia es la memoria que tenemos"". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-02-05. 
  3. Bernasconi, Hildegard (2015-05-17). "Lucía Martínez". www.melodiva.de (en alemán). Consultado o 2024-02-05. 
  4. "Baldo Martínez Sexteto: Música Imaginaria". La Guía GO! (en castelán). 2024-02-28. Consultado o 2024-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]