Lubián
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lubián | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Comarca: | Sanabria |
| Xeografía | |
| Altitude: | 1.024 msnm |
| Superficie: | 94 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 354 hab. (INE 2011) |
| Densidade de poboación: | 3,77 hab./km² |
| Xentilicio: | Lubianés |
| Información | |
| Código postal: | 49570 |
| Alcalde: | Felipe Lubián (PSOE) |
| Sitio na web: | www.ayuntamientolubian.es |
Lubián é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Acibeiros, Chaos, As Edradas, Edroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Poboación [editar]
Lubián posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 4,14% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
| 1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2011 |
|---|---|---|---|---|
| 441 | 307 | 355 | 362 | 354 |
Véxase tamén [editar]
| Concellos galegofalantes | provincia de Zamora : As Portelas | |
|---|---|
|
Hermisende | Lubián | Pías | Porto |
|
| Parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería (Calabor) |