Luís X de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís X de Francia

Luís X de Francia e I de Navarra, chamado tamén "Luís o Obstinado" ou "Luis le Hutin", naceu o 4 de outubro de 1289 para morrer o 5 de xuño de 1316.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Filipe IV de Francia "O Fermoso" e de Xoana I de Navarra. Irmán dos máis tarde tamén reis Filipe V de Francia e Carlos IV de Francia, e de Sabela de Francia, casada co Rei Eduardo II de Inglaterra.

Rei de Navarra en 1305 e de Francia en 1314, durante o seu reinado afrontou a rebelión de Flandres e o inverno da fame, trala morte do seu pai Filipe IV. Casou en 1305 con Margarita de Borgoña, (neta de Luís IX de Francia), da cal tivo unha filla, Xoana (que sería Xoana II de Navarra), nada cara a 1311. A raíña Margarita foi posteriormente encarcerada acusada de adulterio e confinada na prisión de Château Gallard, onde foi estrangulada a petición do seu esposo. Pouco despois, o rei casará en 1315 con Clemencia de Hungría.

Luís X morreu envelenado en Vincennes ó ano seguinte. O seu fillo Xoán I de Francia (Xoán o Póstumo), naceu cinco meses despois da súa morte e sucedeuno no trono, pero morreu aos poucos días de nacer. Filipe V de Francia, irmán de Luís, sucedeuno á súa vez.