Luís XII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís XII
Rei de Francia
Rei de Napoles
Louis-xii-roi-de-france.jpg
Luís XII de Francia

7 de abril de 1498 - 1 de xaneiro de 1515
Predecesor Carlos VIII
Sucesor Francisco I

Duque de Bretaña
(Xunto a Anne de Bretagne)
(Como Luís II)
1499 - 1514
Predecesor Anne de Bretagne
Sucesor Claudia de Francia
Nacemento 27 de xuño de 1462
Blois
Falecemento 1 de xaneiro de 1515
París
Consorte Xoana de Valois
Ana de Bretaña
María Tudor
Descendencia Con Anne de Bretagne (ver Primeiro matrimonio)
Casa Real Valois-Orleans
Dinastía Valois
Pai Carlos I de Orleans - Adoptado por Luís XI os tres anos cando falece o seu proxenitor
Nai María de Clèves

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo,[1] foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Cléveris. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois con Anne de Bretagne, con quen tivo dúas fillas; Claudia (1499 - 1524) e Renata (1510 - 1575), e con María Tudor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu símbolo, un porco espiño en Ruán.

Era fillo de Carlos I de Orleans (alcumado como príncipe poeta) e de María de Clèves e bisnieto de Carlos V de Francia. Ao quedar orfo de pai aos tres anos, é adoptado por Luís XI, pai da que sería a súa primeira esposa Xoana de Valois.

En 1484, descontento coa rexencia de Ana de Francia, participa na chamada Guerra tola e cae prisioneiro na batalla de Saint-Aubin-du-Cormier, en xullo de 1488. Indultado tras tres anos de prisión, segue ao seu curmán o rei Carlos VIII a Italia onde fracasará nos seus plans de conquistar o ducado de Milán, para o seu propio beneficio, durante a que seria coñecida como primeira guerra de Italia.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou en 1476 coa princesa Xoana de Valois, filla do rei Luís XI de Francia e Carlota de Saboia. Deste matrimonio non tiveron fillos e Luís consegue o divorcio en 1498.

Casou, en segundas nupcias, o 8 de xaneiro de 1499 en Nantes coa duquesa Anne de Bretagne, viúva do seu primo Carlos VIII de Francia. Desta unión naceron:

O 9 de outubro de 1514 casou en terceiras nupcias, en Abbeville coa princesa María Tudor, filla de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Desta unión non tiveron fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alcume que que recibiu na xunta dos Estados Xerais de 1506

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • André Maurois (1951): Historia de Francia. Editorial Surco. Madrid.
  • Hochner, Nicole (2006): Louis XII: Les dérèglements de l’image royale, collection «Époques» Seyssel: Champ Vallon
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luís XII de Francia