Lois Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Taboada Camoeiras»)
Infotaula de personaLois Taboada
Biografía
Nacemento(es) Luis Taboada Camoeiras Editar o valor em Wikidata
1918 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Taboada Camoeiras, nado en Ourense cara a 1918 e finado en Vigo o 19 de agosto de 2010,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre en Ourense, afiliado ás Mocedades Galeguistas, colaborou en Espartaco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado e detido. Foi mestre en Boimorto (Vilamarín), en Bouzas até 1975 e no Colexio Público nº 1 das Lagoas (Ourense). Coa restauración da democracia militou no Partido Galeguista e posteriormente no Partido Galeguista Demócrata.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Socorro Blanco Novo e foi pai de José Manuel Taboada Blanco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-2010, p. 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]