Luís Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Rial
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1942 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2024 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista radiofónico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Rial Suárez, nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1942 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2024, foi un xornalista radiofónico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou traballando nos anos sesenta na Cadena SER, logo pasou á Radiocadena Española e en 1973 comezou a traballar como correspondente de Radio Nacional de España en Galicia, con sede en Santiago. Alí permaneceu ata 1985, cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón acaba de crear Radio Galega.

Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana que se chamaba Galicia en festas, e que despois se converteu en programa de seu baixo o título Un día de radio. A partir de 2005 dirixiu e presentou o late show A hora golfa, en emisión de madrugada; ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu improcedentemente a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, presentou e dirixiu o programa de madrugada da Radio Galega, baixo o título de Pensando en ti, rótulo que popularizara Marcial Mouzo ata que foi destituído o 8 de xuño de 2012 logo de insultar os seus compañeiros de emisora en antena.[1]

Finou en Santiago de Compostela o 7 de xaneiro de 2024[2].

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado e con tres fillos, foi propietario dun local de hostalería durante varias décadas na cidade vella de Santiago de Compostela, e que se chamaba 'La Radio'[3]. Tamén foi dirixente de diversos colectivos de hostaleiros, como a Unión Hostaleira Galega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]