Luís Filipe de Bragança

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Felipe de Bragança

Luís Filipe I, Duque de Bragança, bautizado co nome de Luís Filipe Maria Carlos Amélio Fernando Victor Manuel António Lourenço Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis Bento de Sajonia-Coburgo-Gotha Bragança, nado en Lisboa o 21 de marzo de 1887, foi fillo do rei Carlos I e da raíña Amelia de Orleans.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu notablemente a rexencia do país durante un breve e transcendental período de tempo en 1907, debido á viaxe do seu pai, en visita protocolar ao estranxeiro. Nese mesmo ano, e por primeira vez para un príncipe portugués desde Xoán VI, realizou unha viaxe oficial ás colonias, neste caso as africanas, visita que tivo un gran impacto no seu momento.

Luís Filipe, coñecedor das ameazas de morte ao seu pai, ía sempre armado cun revólver, para defenderse cando fose preciso, xurando sempre que o matarían a el antes que permitir que lle pasase nada ao seu pai.

Luís Filipe estaba co seu pai e o resto da familia real o 1 de febreiro de 1908, o día do rexicidio. Carlos I foi cribado no medio dunha multitude por fanáticos republicanos, pertencentes á organización terrorista Carbonaria, morrendo no acto, mentres que Luís foi ferido de gravidade e o seu irmán menor, Manuel, foi alcanzado nun brazo. Aínda que foi atendido polos doutores, Luís morreu vinte minutos máis tarde.

Ao non contemplarse na monarquía portuguesa a sucesión automática, Luís nunca foi rei, a pesar de sobrevivir ao seu pai. Tras as súas mortes, a coroa portuguesa foi herdada polo seu irmán Manuel II, que se converteu no último rei de Portugal, destronado pola revolución republicana dous anos despois, o 5 de outubro de 1910.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
María II de Portugal
Príncipe da Beira
Sucesor:
Duarte Pio de Bragança
Predecesor:
Carlos I de Portugal
Duque de Bragança
Sucesor:
Miguel II de Bragança
Predecesor:
Carlos I de Portugal
Príncipe Real de Portugal
Sucesor:
D. Afonso, Duque do Porto