Lourizán, Pontevedra
| Lourizán | |
|---|---|
| Igrexa dos Praceres | |
| Concello: | Pontevedra |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 3.277 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 17 |
Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Conta cuns 3.277 habitantes, repartidos en 16 entidades de poboación.
Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sur con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría. A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña. Lourizán dista 4 quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 e a estrada PO-546.
Índice |
[editar] Patrimonio
Na parroquia atópanse varios petróglifos. Até xullo de 2009 existiu a mámoa de Louredo, pero foi destruída durante unhas obras levadas a cabo para prácticas militares do exército de terra español[1]. Así como se atoparon dúas aras romanas adicadas ao deus Vestio Alonieco, e un relevo tamén asociado a este deus galaico nunha parede do terreo do pazo de Montero Ríos.[Cómpre referencia]
O lugar de maior interese é o Pazo de Lourizán, leira da veraneo da familia Montero Ríos e hoxe Centro de Investigacións Forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres (deseñada a finais do século XIX por Alejandro Sesmeros) e a capela de Santo André.
Nesta parroquia sitúase o complexo Ence-Elnosa, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence, construída en 1957, e a planta electroquímica de Elnosa, ambas as dúas altamente contaminantes e condenadas en reiteradas ocasións por delitos medioambientais. Malia que por lei deben abandonar eses terreos, propiedade do estado, no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procura a súa marcha canto antes, pola mellora do medio ambiente e porque implicaría un maior número de postos de traballo.
A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Lourizán, Pontevedra.
-
Factoría de Ence
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Lourizán
| Lugares da parroquia de Lourizán no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
Agrovello | O Cabo | A Camboa | A Carballeira | Caritel | Os Cunchidos | Estribela | A Igrexa | A Meán | As Nogueiras | O Outeiro | Pexegueiro | Os Praceres | O Regueiriño | O Rial | Rorís | O Rozo |
[editar] Parroquias de Pontevedra
[editar] Notas
- ↑ "A APDR denuncia que Defensa destruíu unha mámoa nunha zona de prácticas militares" A nosa Terra, 2 de agosto de 2009]