Lourdes Domínguez
Lourdes Domínguez Lino é unha tenista nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1981.
Comeceu a xogar sendo unha nena, e aos 14 anos foi prepararse ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, en Barcelona, onde segue vivindo. O seu adestrador é Karin Perona.
Foi a primeira galega en gañar un torneo da WTA e a primeira galega en clasificarse entre as cen mellores xogadores de tenis do mundo.
Índice |
Palmarés [editar]
Gañadora no aberto de Bogotá en febreiro de 2006 e finalista nese mesmo torneo en 2005, chegou a ocupar a posición 41ª do ránquin da WTA en maio de 2006. Nesa mesma tempada participou en tres dos catro torneos do Grand Slam, o Aberto de Australia, Roland Garros e Wimbledon e nos tres quedou eliminada en primeira rolda.
WTA [editar]
| Torneo | Posición | Final contra | Resultado | Data |
|---|---|---|---|---|
| Bogotá (Colombia) | 2ª | Flavia Pennetta (Italia) | 7-6 e 6-4 | 21 de febreiro de 2005 |
| Bogotá (Colombia) | 1ª | Flavia Pennetta (Italia) | 7-6 e 6-4 | 27 de febreiro de 2006 |
| Budapest (Hungría) | 2ª | Anna Smashnova (Israel) | 6-1 e 6-3 | 30 de xullo de 2006 |
WTA (dobres) [editar]
| Torneo | Compañeira | Posición | Final contra | Resultado | Data |
|---|---|---|---|---|---|
| Budapest (Hungría) | Marta Marrero (ESP) | 2ª | Loit e Srebotnik (FRA-SLO) | 6-1 3-6 e 6-2 | 2005 |
| Rabat (Marrocos) | Nuria Llagostera (ESP) | 2ª | Loit e Strycova (FRA-CHE) | 3-6 7-6 e 7-5 | 7 de maio de 2005 |
Grand Slam [editar]
| Torneo | Posición | Ano |
|---|---|---|
| Aberto de Australia | 1ª rolda | 2006 |
| Roland Garros | 1ª rolda | 2006 |
| Wimbledon | 1ª rolda | 2006 |
Polémicas [editar]
En 2010, e xunto con outras cinco tenistas españolas María José Martínez, Anabel Medina, Arancha Parra, Carla Suárez e Nuria Llagostera, anunciou a súa renuncia a participar na Copa Federación de tenis representando a España, en protesta pola falta de apoio ao tenis feminino por parte da Federación Española de Tenis[1].
Outros datos [editar]
Mide 1.63 e é destra.