Louise Bourgeois
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louise Joséphine Bourgeois, nada en París o 25 de decembro de 1911 e finada en Nova York o 31 de maio de 2010[1], foi unha escultora e artista plástica francoestadounidense.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu e medrou en Francia, mais o esencial da súa carreira artística desenvolveuse en Nova York, onde se instalou en 1938 despois de casar co historiador de arte estadounidense Robert Goldwater. O recoñecemento do seu traballo artístico crecue cos últimos anos da súa vida, onde se afirmou coma unha influencia de entidade para as novas xeracións de artistas, particularmente femininas.
Notas [editar]
- ↑ Morre a escultura Louise Bourgeois, nova aparecida en Xornal de Galicia o 1 de xuño de 2010.