Louis de la Bourdonnais
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Louis de la Bourdonnais | |
|---|---|
| Louis de la Bourdonnais | |
| Nacemento: | 1795 Reunión |
| Falecemento: | 1840 |
| Nacionalidade: | Francesa |
| Ocupación: | Xogador de xadrez |
Louis Charles de la Bourdonnais, nado na illa de Reunión en 1795 e finado en 1840, foi un xogador de xadrez francés, o máis importante da primeira metade do século XIX.
Traxectoria [editar]
Está considerado o campión mundial oficioso (non existía o título no seu tempo) dende 1821 ata a súa morte. En 1834 xogou a que se considera a serie de partidas (85) máis importante da súa carreira, co británico Alexander McDonnell, da que saíu vencedor. Foi o fundador da primeira revista de xadrez, Le Palamède, en 1836.